Mural manga



O club de manga quixo participar dentro dun dos proxectos do Club de Letras deste curso: Non máis pintadas nas paredes. No seu caso, propuxeron facer un mural no patio. Non se rematou por completo, pero quédalle moi pouquiño. 



Comezamos ideando un boceto que logo, pouco a pouco, foi tomando forma. O primeiro boceto, antes de pintar, fixémolo con xiz, pero veu a chuvia e borróunolo. Resultou frustrante, seguimos adiante e volvemos comezar. Ao final, quedou xenial, aínda que estea sen rematar. O curso que vén darémoslle fin.




Comentarios