Presentación do libro


Esta maña tivo lugar a presentación do libro Misterios de Valadares. Na biblioteca reuníronse representantes de cada equipo cooperativo e o resto de alumnado puido seguir o acto dende as aulas.


Lucio, profesor de historia do centro, foi o encargado de escribir o prólogo e de presentar este libro, acompañado de Asun, a coordinadora da biblioteca.


A rapazada de 1º ESO contou a súa propia experiencia. Falaron das dificultades do proceso, do que aprenderon, das tarefas deste curso... 


Rematamos o acto coa intervención de 
Eva e Carmen, directora e xefa de estudos do centro, que agradeceron aos nenos e nenas o traballo realizado.


Grazas a Carmen e Isa do CFR de Vigo por acompañarnos esta mañá e guiarnos na nosa formación.



Comentarios