É todo tan difícil?

Hoxe tivemos a reunión para falar da obra Por qué tiene que ser todo tan difícil de Nando López e preguntámosnos se realmente é todo tan difícil...É difícil ler teatro, por exemplo? Para algúns si o é, outros din que é cuestión de afacerse pero todos estivemos dacordo en que esta obra gusta porque reflicte situacións que do día a día nun instituto... Falamos do que nos custa expresar sentimentos, das redes sociais e os likes...

E, como as redes sociais tamén teñen aspectos positivos, decidimos achegarnos ao noso autor, Nando López, a través delas escribíndolle un chío!



E, despois de darlle moitas voltas entre todas e todos, velaquí o resultado:


Será lido por Nando López o noso chío? Que nervios!

Comentarios