Biblioteca Neira Vilas
Hoxe visitamos de novo a biblioteca Neira Vilas o alumnado de 1º ESO. Antes de Semana Santa asistiron dous grupos e esta mañá os outros dous que faltaban.
Completamos así nosa formación de usuarios que recibimos dende principio de curso e apredemos que a organización dunha biblioteca pública é similar á nosa.
Noelia recibiunos e presentounos os espazos e os recursos.
Ademais prepararon para nós unha actividade de animación lectora.
Fixemos un percorrido polo Universo guiados polos libros que nos foi mostrando.
Rematamos elaborando o noso planisferio celeste,
planisferio que nos permite identificar as constelacións do ceo nocturno en calquera data do ano.
Completamos a visita cunha ruta por Vigo. Coñecemos o barrrio do Calvario, paseamos pola súa rúa principal, fomos ao mercado e conversamos cos veciños para saber algo máis desta zona da cidade.
Grazas á biblioteca Neira Vilas pola acolllida!









.jpg)
Comentarios