Comic-con no IES Valadares

Onte celebramos unha xuntanza de clubs Manga no noso centro. Acudiron os clubs do IES Paralaia de Moaña, IES Alexandre Bóveda e Álvaro Cunqueiro, Santa Irene, Santo Tomé, Ricardo Mella e O Castro de Vigo. É unha gozada ver tanta rapazada xunta compartindo a súa paixón polo manga!









O evento foi presentado por Marta e Clara. Comezamos cunha charla sobre cosplay a cargo de Noah, Abigail e Liam, seguida do concurso de cosplay.





Os nosos mangakas prepararon unha chea de actividades: obradoiro de debuxo, de origami e faladoiro manga, concurso de debuxo, torneo de consolas, pictionary anime, quizziz de openings, de anime e de manga, xogo de mesa e rol. Para todos os gustos!!





Foi marabillosa a participación do Club Deportivo Jugger de Vigo na xuntanza de clubs manga. Todo o noso agradecemento. Igual que ao profesorado acompañante dos seis IES que nos visitaron!





Comentarios

Popular