Obradoiro ALFIN


Esta tarde o alumnado de Steambach “enredou” coa información. Acompañado polo equipo de biblioteca reflexionou sobre a importancia da alfabetización informacional (ALFIN) e a alfabetización mediática (AMI).


Na segunda parte da sesión fixeron un pequeno obradoiro ALFIN no que deseñaron un proxecto de busca de información. Focalizaron o tema. Identificaron as palabras clave. Seleccionaron fontes e recursos. Utilizaron estratexias de busca. Avaliaron varias páxina. Ao final puideron trazar unha ruta de investigación creando un guión cos puntos clave nos que debería incidir a súa investigación. 


Rematou a sesión cunha posta en común.


Grazas polo voso traballo e implicación!






Comentarios

Popular