Reflexionar para mellorar


O club de lectura e o grupo de voluntariado da biblioteca pecha o curso cunha saída á Illa de San Simón. Rematamos a xornada na biblioteca. Falamos de por que decidimos participar nestas actividades e do traballo que realizamos. Analizamos e valoramos o curso para planificar propostas de mellora para o seguinte. Estas son as nosas reflexións:

  • Queremos conservar a autonomía que adquirimos este ano. A biblioteca pode funcionar sen estar con nós as profesoras.
  • Aprendemos moito un dos outros. Gustaríanos formar ao alumnado novo que se integre no grupo.
  • Non nos gusta que a biblioteca quede desordenada. Imos avisar pola megafonía tres minutos antes de que toque o timbre de que se deixe todo colocado.
  • Imos deixar os estantes colocados antes das vacacións para comezar o novo curso coa biblioteca ordeada.
  • Temos que pór máis carteis para que os usuarios non deixen os libros en caquera lugar.
  • Hai que deseñar unha planificación a principio de curso cos obradoiros que se van levar a cabo. 
  • Poderiamos ser nós os mediadores dalgúns destes obradoiros.

Comentarios