Paola Guimeráns


O curso pasado o alumnado que formaba parte do grupo de voluntariado da biblioteca participou non obradoiro de E-Textiles con Paola Guimeráns; un obradoiro STEAM no que aprendemos a traballar colaborativamente, a programar, a pensar, a resolver situacións e a crear.



Paola escolleu a nosa biblioteca para amosar o seu traballo nun vídeo realizado pola Asociación de Becarios da Fundación Barrié. Presentan charlas no formato Ted Talks nas que se reflexiona sobre diferentes temas de actualidade e ensinan o percorrido profesional dos seus bolseiros e bolseiras. 



Paola formouse en New York cas fundadoras do momento marker que nace nas bibliotecas públicas. Agora, anos despois, volta ás biblioteca escolares para presentar a súa traxectoria. 

Comentarios

Popular