Club de escoita de Nadal

 Hoxe fixemos a nosa primeira saída do Club de escoita deste ano!

Visitamos á Galiña Azul de Valadares e a cativada puido disfrutar dunha lectura de Nadal e dunha panxoliña con música de violín e flauta en directo!







Deixámoslles unhas postais de agasallo!




Despois, subimos ata o CEIP Sobreira e repuxemos folgos cunha merenda riquísima á que nos invitaron as profesoras do centro. Agradecímosllo moitísimo!


E logo co bandullo cheo fomos facer as lecturas e quedamos encantados e encantadas coa boa acollida e o cariño da rapazada!



Rematamos a visita tocando unha panxoliña para todas as aulas. 





GRAZAS pola vosa escoita!




Comentarios

Popular