Memoria do silencio en Lendo no Galiñeiro

 Comezamos nova lectura! Memoria do silencio de Eva Mejuto. 


Na nosa xuntanza falamos de como ía a lectura da novela e, para entender mellor a historia, buscamos información sobre os acontecementos históricos aos que fai referencia o libro.

Dividímosnos en grupos e cada un deles tiña unha infografía dunha temática relacionada co libro: Xudaísmo, III Reich, Antisemitismo e Holocausto, Guerra Civil española e Franquismo e As irmáns Touzas





Ademais, aproveitamos para buscar libros da colección da nosa biblioteca que tivesen relación con ditas temáticas e así coñecemos novas lecturas relacionadas co tema que podemos ler despois deste se nos gustou!




Por último, fixemos unha posta en común, cada grupo explicou a súa información e falounos dos libros da biblioteca relacionados con ela.

Agora si que xa temos un contexto para non perdernos na novela!




Comentarios

Popular