Micro aberto


Mañá abrimos Micro aberto, un espazo para recitar e compartir poesía nos recreos. Comezamos o 23 de febreiro, Día de Rosalía e pecharemos o día 21 de marzo, Día da Poesía.


Desta vez poderedes participar no Reto Poético:

  • Recita un poema de Rosalía de Castro.
  • Recita un poema en galego.
  • Recita un poema noutro idioma.
  • Escribe os teus propios versos.

Cada vez que consigas un dos retos terás que selar o teu carné.



Cando consigas os catro selos terás un agasallo.


Lembra que podes recitar tamén as túas propias creacións!


Comentarios

Popular