Xogos de Física e Química





O alumnado de 2ºESO C xunto co grupo bilingüe de 2ºA e D traballaron nun novo proxecto interdisciplinar nas materias de Física e Química e Tecnoloxía. 


Por grupos crearon os seus propios xogos de mesa, baseados nos máis tradicionais ou populares (que tiveron a ocasión de probar na Biblio) pero incluíndo temas como os elementos da táboa periódica, os compostos e os cambios de estado. 

Serviulles para reforzar o estudado dunha maneira máis orixinal e divertida. Aprenderon a reciclar e reutilizar materiais como cartón, caixas doutros produtos ou restos de papeis, ademais de aproveitar as ferramentas e operacións que poden realizar nas aulas-obradoiro. 


En conclusión, foi un proxecto no que reforzaron e ampliaron coñecementos e cooperaron entre iguais para obter os mellores resultados na súa aprendizaxe.


Estes días a biblioteca acolle a exposición destes xogos que pasarán a formar parte da colección. Parabéns polo traballo!



Comentarios

Popular