Marcapáxinas
O Día do libro inauguramos a exposición de marcapáxinas creados polo alumnado de 4º ESO. En Matemáticas e en Expresión Artísitca traballaron as trasformacións e os recubrimentos do plano.
Comezaron estudando os distintos movementos que se poden facer no plano (translacións, xiros e xeometrías). Fixeron actividades inspiradas na arte nazarí, en papel en Expresión artística e con Geogebra en Matemáticas.
Para o deseño destes marcapáxinas inspiráronse na arte nazarí e nos mosaicos da Alhambra de Granada, ademais de achegarse os recubrimentos do plano realizados por Escher na primeira metade do século XX. Grazas aos manuais da biblioteca puideron coñecer de cerca o proceso de creación desta arte.
Grazas ao alumando de 4º ESO por este magnífico traballo!
Comentarios