Club de lectura
Cara Moncha (Ramona Fuentes Arias), no noso encontro contigo, a vida e a literatura abalaron ao unísono. Emocións persoais e colectivas ante a propia creación literaria e ante a realidade reflectida na historia.
Ti falaches, conversaches “ con precisión e viveza, con ese don que teñen algunhas persoas de alumear episodios descoñecidos ou escuros, trasladando o oínte ao centro xusto dos acontecementos e facéndoo sentir, a un tempo, espectador privilexiado e partícipe dos feitos”.
Un pracer a lectura d’O tradutor de sombras, a túa presenza e as túas verbas entusiastas e afoutas.
Un pracer, tamén, compartir este momento co profesorado asistente, coas persoas do Club de Lectura do Centro Cultural e Veciñal de Valadares, coas familias e co persoal non–docente do noso instituto.
Iolanda Rodríguez González ( mediadora do Club de persoas adultas do IES Valadares )
Comentarios