Pechamos o curso co Club de Escoita!

Imos rematando o curso coa saída do noso Club de Escoita á Escola Infantil Galiña Azul e o CEIP Sobreira de Valadares. 

Nesta ocasión organizámonos en 3 equipos e preparamos 3 tipos de lectura.

Por unha banda, lectura con linterna. Contamos 3 historias a través de imaxes que veñen nunha roda que se coloca nunha linterna e se proxecta na parede. Os membros do club de escoita crearon os tres guións para contar aos pequenos e pequenas.


Por outra banda traballamos co libro A mellor sopa do mundo. Incluíndolle un estribillo con canción e elementos feitos a man para que a cativada engadise a sopa.

Por último, recitamos poesía a través de Animalfabeto, un libro con texto de Eva Mejuto no que cada letra do alfabeto é un poema dun animal. Así, preguntaban as iniciais dos nomes dos /das pequenos/as e lían o poema correspondente.

Coma sempre unha xornada moi enriquecedora. Grazas por estas experiencias lectoras compartidas entre grandes e pequenos! E grazas tamén polo biscoito!





Comentarios

Popular