Visita de Paula Carballeira

Hoxe tivemos a Paula Carballeira por partida dobre.

Primeiros xuntouse co Club de lectura de adultos par falar da súa novela As alumnas, premio Nacional de Literatura Dramática en 2024.

Con esta obra dramática fixemos unha viaxe ao pasado para coñecer o traballo das mestras que loitaron por unha educación igualitaria e moderna.
Coma todos os nosos invitados e invitadas Paula asinou no noso especial paseo da fama literaria.


Máis tarde, ás 18:30 fíxonos unha sesión de contacontos, agasallo cultural para todas as persoas que participaron no Reto lector. Con eset agasallo queriamos pór en valor o poder da lectura e tecer lazos entre as persoas lectoras do centro.

Presentou o acto Andrea, libreira de Libraida en Gondomar e lectora de Paula Carballeira dende que era cativa. Fixo unha sentida homenaxe á escritora que a acompañou en moitos momentos da súa vida e a fixo crecer como lectora. Grazas Andrea por acompañarnos e facer esta emotiva presentación!


Pechamos o día escoitando historias da voz de Paula...



Grazas,  Paula, por facernos pasar do riso ao medo a través das túas verbas. Foi un verdadeiro pracer!

Comentarios

Popular