Novembro, mes da ciencia en galego

O mes de novembro dedicamos os recreos dos luns a retos científicos para celebrar o mes da ciencia en galego!


O alumnado participante recibiu uns carnets que tiña que ir selando cando superaba cada reto!


Comezamos co reto microscópico, no que tiñan que recoñecer no microscopio varios elementos.




O seguinte obradoiro foi de creación de moléculas!





No seguinte reto volvemos empregar o microscopio para atopar microplásticos ocultos na area!



E rematamos co reto de chegar ao peso exacto cunha báscula de precisión, máis difícil do esperado!



Moitas grazas a Isa e Silvia, profes de Bioloxía e Física e Química que organizaron este reto. E moitas grazas as/os participantes!

Comentarios

Popular