Última sesión con Nave
Na primeira sesión do ano, comentamos o final de Nave, cun interesante debate sobre todos os temas que quedaron sen pechar no libro. Preguntámonos tamén que teriamos feito nós no caso de estar na situación de Neboa e, xa postos, filosofamos sobre o futuro da humanidade.
Aínda que rematamos co libro, temos pendente a finalización do noso propio proxecto Arca, con moitas ideas e as caixas preparadas. Xa vos ensinaremos o resultado!
Para finalizar a sesión, repartimos exemplares da nosa seguinte lectura, Furia de María Reimóndez.
Ata a próxima sesión!
Comentarios