Novo programa de radio: Avós nas ondas



Este curso en Onda Valadares estreamos un novo progroma: Avós e avoas nas Ondas. É un programa especial para dar voz á memoria dos nosos maiores.  Gravamos no recreo, dende a biblioteca do centro, co equipo de axudantes que fan de presentadores, técnicos e entrevistadores. 

A idea é sinxela e bonita: convidar a todos os avós e avoas do alumnado para que veñan coñecer a nosa biblioteca, O Sobreiral das Palabras,  e, diante do micro, nos deixen a historia das súas lembranzas. Así construímos historia viva da comunidade educativa e gardámola para que non se perda. 

Cada episodio ten unha breve presentación do/a convidado/a e un guión fácil, con diferentes bloques temáticos: a infancia e os xogos de antes; a escola e os mestres; os oficios e saberes; a música, as festas e as tradicións; os camiños da vida (emigración, retornos, descubrimentos). 

O obxectivo é unir xeracións, poñer en valor a lingua e a cultura galegas, e recoñecer que detrás de cada alumno/a hai unha historia grande que paga a pena gardar. Onda Valadares fai sitio para escoitar, aprender e agradecer.

A continuación, compartimos a nosa presentacion; se o prefires podes escoitar os nosos programas no seguinte enlace

Documento A4 Horizontal Hoja de Papel Aesthetic Crema de somozalopez

Comentarios

Popular