Concurso de postais de Nadal
Este Nadal, desde o IES Valadares, en colaboración con outros departamentos, celebramos o noso tradicional concurso de postais, que este ano chegou cunha novidade moi especial: ademais do deseño, o alumnado debía crear unha recomendación lectora.
Baixo os lemas «Este Nadal cumpre os teus desexos cun libro…» ou «Acende as luces da lectura con… e terás o mellor agasallo», o alumnado deu mostra de moitísimo traballo, creatividade e compromiso coa lectura. A participación foi moi elevada e recibimos unha gran cantidade de postais.
Entre os criterios de valoración destacouse a recomendación de libros noutras linguas, fomentando así a diversidade lingüística. Neste sentido, queremos salientar a implicación do alumnado de Portugués, que acudiu á biblioteca para coñecer a colección, elaborar as súas postais e recomendar lecturas nesta lingua.
A postal premiada foi empregada para felicitar as festas a toda a comunidade educativa, mentres que o resto das postais participantes quedaron expostas no hall do instituto, enchendo o centro de cor, lectura e espírito nadalicio. Esta foi a postal gañadora.




Comentarios