Club de lectura para persoas adultas con Abril Camino

Este luns, 23 de febreiro, celebramos a primeira xornada do club de lectura para persoas adultas deste curso 2025-2026. Contamos coa presenza da gañadora do último premio Xerais, Abril Camino. Esta escritora presentounos a súa novela Mulleres que viven xuntas, unha obra breve que non nos deixou indiferentes. Compartimos as nosas sensacións, coñecemos o proceso de creación e reflexionamos sobre a situación da muller noutros tempos e na actualidade. Como conclusión deste día tan ben acompañadas, quedamos coa certeza da necesidade de que a muller siga loitando, evolucionando e crendo no que realmente é importante.


Con moito agarimo firmóunos os nosos exemplares. Agora Abril Camino forma parte do noso especial paseo da fama no instituto. Moitas grazas pola túa visita e pola túa alegría!



Comentarios

Popular