Formación de persoas usuarias: 3º e 4º da ESO

Esta semana, o alumnado de 3º e 4º da ESO comezou o Proxecto de Poesía. Como actividade inicial, realizamos a formación de persoas usuarias na biblioteca a través dunha serie de retos. Como tarefa final, propuxemos que reflexionasen sobre a colección e sobre os xéneros literarios máis minoritarios, entre os que atopamos o teatro e a poesía. Isto deu lugar a un debate moi interesante sobre por que son xéneros menos lidos e que accións podemos levar a cabo para fomentar a súa lectura.




Comentarios

Popular