Presentamos o libro!
Que é un clásico? Que fai que un libro se considere un clásico? Teñen que pasar moitos anos? Vender moitas copias? Deben ser libros moi complexos?
Estas foron algunhas das preguntas que nos fixemos para presentar a nosa segunda lectura deste curso. Para intentar resolvelas, tiñamos reparada unha caixa con clásicos de diferentes épocas, xéneros e nacionalidades. Comentamos un pouquiño sobre eles e concluímos, que todos eses clásicos se continúan lendo e seguen funcionando para os novos lectores e lectoras.
Por fin, presentamos o noso libro (algún xa descubrira o título): Matar a un ruiseñor de Harper Lee. Despois de comentalo un pouquiño as profes e ler algún fragmento, coidamos que moitos e moitas quedastes con ganas de seguir lendo!




Comentarios