Unha sobreira diferente
Somos O Sobreiral das palabras porque estamos na Sobreira, zona de Valadares poboada por estas árbores. Na nosa biblioteca abrollan sobreiras cheas de palabras, de historias, de coñecemento... E, dende agora, loce unha moi especial. O alumnado de 1º e 3º na materia de educación plástica deseñouna e creouna inspirándose na Árbore da vida de Gustav Klimt, pintor simbolista austríaco cun estilo moi persoal.
O tronco está decorado con pedras pintadas que representan imaxes da historia da arte, da cultura e da literatura.
Das ramas penduran textos literarios
escritos nas diferentes linguas que se traballan no centro: galego,
castelán, francés, inglés, latín e portugués.
Este é o resultado do traballo do alumnado de plástica que, durante varios meses, indagou e buscou información para transformala nesta obra de arte. O seu traballo formará parte do mural pintado da nosa biblioteca, un proxecto que comezou fai uns anos Eva, a profesora de plástica, co seu alumnado.
Grazas ao alumnado e profesorado que participou neste proxecto!
Parabéns por este bo traballo!
Comentarios