Compartindo lecturas cos máis pequenos


Este curso naceu no noso centro un club moi especial, o Club de Escoita. Non temos un número de integrantes fixo, non temos un calendario de datas establecido. Só nos moven as ganas de contar e ler boas historias a un público que nos queira escoitar.


Onte os axudantes da biblioteca sacaron o noso Club do instituto. Baixaron á Galiña Azul de Valadares para compartir lecturas, sorisos, complicidade, tempo... cos máis pequenos. Foi unha sesión moi enriquecedora para pequenos e grandes.


... por abrirnos as portas da vosa escola. 
... aos nenos e nenas polo seu entusiasmo 
... ás súas profesoras pola súa complicidade.
... á María por seleccionar e preparar coidadosamente as lecturas.
... aos nosos axudantes por este agasallo para aos máis pequenos.




GRAZAS

Comentarios

  1. grazas por as iniciativas fantasticas da Galiña Azul en Valadares,Cristina eres fantastica !! E grazas áś´ḿóźáś´é´ḿóźóś´ṕóŕ´ćóńtarlles contos os cativos- que nunca perdades esa ilusióń´ṕóŕ´facer cousas asi-que nun mundo de prisas e reglas e un soplo de aire fresco !!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por compartir as túas palabras neste sobreiral.