Videoconferencia con Oriol Estrada

Ante pola tarde algúns membros do club de manga asistiron a unha videoconferencia con Oriol Estrada, autor de “501 mangas que leer en español” y de “Cultura manga” e unha das persoas que máis sabe de manga neste país. Compartimos espazo virtual con outros dez clubs de manga de Pontevedra e resultou unha experiencia incrible de información. Abriu Iciar a quenda de preguntas inquirindo sobre Planeta Manga. Tamén participou Uxía preguntando sobre a obra de Junji Ito (que para Iciar é arte puro en terror). 



Descubrimos que “Guardianes de la noche” é o título que máis está arrasando en Xapón, que “One Piece “ é o manga máis vendido da historia (350 millóns) ou que en lugar de falar de xéneros shonen, shojo... deberiamos falar de demografías ou targets polo público obxectivo ao que van destinados.

Foi un gustazo aprender tanto e tan ben e escoitar preguntas tan intelixentes.

Comentarios