O que nos rodea
A semana pasada lanzamos un concurso de fotografía para pechar o proxecto deste ano. Nas saídas que estades a facer co profesorado de educación física queremos que captedes momentos e detalles desa realidade que está ao redor do instituto.
Son moitas as fotografías que están chegando e que estamos subindo ás redes. É marabilloso ver e gozar do voso talento.
Grazas por compartir estas fotografías.
Aínda estades a tempo de seguir enviando...
Comentarios
Publicar un comentario
Grazas por compartir as túas palabras neste sobreiral.