Saltar ao contido principal

Publicacións

Novidades

Primeira sesión con Fóra de campo

Estas primeiras sesións do club de lectura van ser un pouco especiais, xa que imos dedicar unha parte importante do tempo a realizar unha lectura dramatizada da obra. Por certo, xa na primeira sesión apareceron grandes actores e actrices. Antes de empezar coa lectura, estivemos intentando adiviñar pola portada e o título de que podía tratar. Saíron palabras como beleza, deportes, redes sociais.... así que non andivestes nada desencamiñados. Despois de ler e comentar o primeiro actos, decidimos as actividades que imos realizar. Unha primeira actividade vai ser facer por equipos unha versión dalgún cadro, como fai Gladius no nosos libro. Estivemos buscando inspiración en varios libros que se atopan na nosa biblioteca. A outra actividade vai ser gravar podcast na radio da biblio de escenas ou fragmentos representativos do libro. Algúns querían xa representar toda a obra!

Publicacións máis recentes

Encontro literario con Marta Dacosta

O magostín: concurso de microrrelatos e enterro de Juancho

Día das Bibliotecas: entrega de diplomas.

Novo espazo para a nosa colección de cómic!

Posta en marcha do grupo de axudantes!

Empeza o club de lectura

Xornadas de benvida ao alumnado de 1º da ESO

Comeza a Hora de ler!

Benvida ás familias á biblioteca O sobreiral das palabras

Agasallo cultural do Reto Lector

Seguimos tecendo redes