Comeza o Reto Lector 2026
Dende o equipo da Biblioteca poñemos en marcha unha vez máis, o Reto Lector , unha proposta para gozar da lectura dun xeito compartido, lúdico e motivador, que este ano chega con algunhas novidades. Información principal do Reto Lector Quen pode participar? Toda a comunidade educativa: alumnado, familias, profesorado e persoal do centro. Ler é cousa de todas e todos. Como podo participar? Recolle o teu carné lector na biblioteca e comeza o reto. Consulta as bases para coñecer os pasos desta carreira lectora. Que podo ler? Terás que ler un libro de cada un destes xéneros. Cómic ou álbum ilustrado Novela en galego Libro de non ficción Teatro ou poesía Un libro nunha lingua estranxeira. Podes collelos na biblioteca do centro ou acceder a eles a través da plataforma E-LBE 2.0 . Haberá suxestións de lectura? Si. Na biblioteca atoparás un espazo especial de recomendacións: o andén “Libros pensados para ti”, con lecturas variadas, actuais e para todos os gustos. Que fago cando remato un lib...





